Unha nova fochanca no Cantiño indigna ao alcalde da Illa: ‘Seguimos sendo de Galicia’

A ILLA> Nova fochanca no paseo do Cantiño, na Illa de Arousa. A zona xa sufriu nos últimos meses outros dous episodios semellantes. No concello están fartos. Din sentirse ninguneados por Portos de Galicia e reclaman o mesmo trato que o resto de concello, lembrando que a Arousa tamén é de Galicia. O alcalde xa solicitou unha reunión co novo presidente de Portos, pero polo de agora o organismo autonómico limitouse a acordoa-la zona.

A historia volve repetirse e non será porque o Concello non avisou. O paseo do Cantiño, na Illa, volve ter unha fochanca.

O malestar no concello é evidente. O alcalde quéixase de que Portos, que é quen ten competencia sobre a zona, non tome medidas.

Esta fochanca apareceu a finais da semana pasada. Portos de Galicia acordoou a zona, pero o problema é moito maior. O rexedor explica que a forza do mar está acabando co paseo. Arosa xa solicitou unha reunión co novo presidente de Portos.

Pero esa petición, polo de agora, non tivo resposta. O alcalde lembra que a proposta do concello é clara dende hai anos.

Porque, conclúe o alcalde, ás veces na Arousa teñen a sensación de estar esquecidos.

Tanto o PSOE como o BNG, socio de goberno aquí na Illa, presentaron emendas aos orzamentos da Xunta para que o goberno galego destine unha partida o ano que vén ao arranxo integral do Cantiño.