Familiares da residencia de Ribadumia alertan da falta de persoal para facer fronte ao coronavirus

RIBADUMIA> Os equipos de anticontaminación da Brilat continúan coas tarefas de desinfección. Esta mañá, os efectivos actuaron na residencia da terceira idade de Ribadumia. Trátase de tarefas de prevención, xa que neste centro polo de momento non hai ningún caso sospeitoso de coronavirus. Vendo o que está a suceder noutras residencias do Estado, esta non está a ser unha época sinxela para os familiares dos usuarios, que denuncian a escaseza de persoal.

Durante a mañá efectivos da Brilat traballaron arreo na desinfección das instalacións da residencia da terceira idade de Ribadumia. Trátase dunha medida preventiva, xa que no centro non se rexistraron contaxios.

A pesares disto, non está a ser unha época tranquila para os familiares dos residentes. Máis aínda vendo as situacións extremas que se están a dar noutros centros nos que o coronavirus golpeou con forza. Por iso cren que o dereito á información das familias debe garantirse.

Preocúpalles especialmente que a situación segue a ser a mesma que antes da crise sanitaria polo COVID-19: non hai traballadores suficientes.

Non hai traballadores suficientes e, ademais, non contan co material de protección axeitado para evitar contaxios.

A pesares desta situación, recoñecen e agradecen o labor que os traballadores fan a diario para coidar dos seus familiares. Eles son os que reciben os seus aplausos.