RIBEIRA> A audiencia Provincial da Coruña considera probado a súa autoría dun lume que calcinou unhas 180 hectáreas de monte nas proximidades do polígono de Xarás. Deberá facer fronte ademais a unha indemnización de preto dos 150 mil euros.
Agosto de 2013. Un incendio, declarado de nivel 1, afectaba a varios núcleos urbanos de Ribeira, a autovía do Barbanza e tamén ó polígono industrial de Xarás e as proximidades do hospital. En total unhas 180 hectáreas afectadas, na súa maioría de monte arborado. A súa orixe, como na maioría destes casos, intencionada. Meses despois, as investigacións realizadas pola Policía Autonómica, deron coma resultado a detención dun veciño da localidade, exvoluntario de Protección Civil. Agora a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condénao a catro anos de cárcere, ó ver probada a súa autoría do incendio. Sostén que o condenado provocou voluntariamente, polo menos, dous focos de lume practicamente simultáneos na proximidades a dous núcleos de poboación. O tribunal tamén lle impuxo o pago dunha indemnización á Xunta duns 85 mil euros polos gastos de extinción e de preto de 80 mil á consellería do Medio Rural e ós tres propietarios de terreos afectados polos danos causados no incendio.