RIANXO> A Garda Civil e a Policía Local, coa axuda de Protección Civil, e numerosos veciños, tratan de localizar a Fernando Otero Mosquera. Un veciño da localidade, duns 65 anos, que reside no núcleo do Barral. Nada se sabe do seu paradoiro dende a tarde do pasado luns
Co paso das horas aumenta a preocupación, polo que dende o Concello fan un chamamento á veciñanza para tratar de localizalo, achegando calquera información que puidera axudar a dar co seu paradoiro.
Nas últimas horas estaba previsto tamén a incorporación de medios aéreos ao dispositivo de busca.
No caso de dispoñer de datos relevantes, solicítase contactar a través dos teléfonos da propia Policía Local 981-86 06 25, o 062 ou o 112.











