O repaso da historia dos campos de concentración do Barbanza centrará os actos polo Día da República

A POBRA> A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza celebrará diversos actos esta fin de semana para conmemorar o Día da Pública. Terán lugar na Pobra e en Lousame co obxectivo de dignificar a memoria de tódolos represaliados por defender os principios democráticos.

A Pobra será escenario o sábado día 13 dos actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. Ás sete inaugurarase un panel informativo no antigo campo de concentración do Pozo, na Lomba.

A continuación presentarase no museo Valle-Inclán o caderno dos campos de concentración da Pobra, Muros e Rianxo. Durante o acto procederase tamén ó nomeamento de Xesús Redondo Abuín como republicano de honra.

O domingo, día da república, terá lugar a ofrenda floran ante ó monumento da memoria histórica no Confurco, en Lousame.