O BNG denuncia a falla de médicos no centro de saúde da Pobra coa metade das prazas sen cubrir

A POBRA> O BNG da Pobra denuncia novos recortes no centro de saúde do municipio. Á supresión da quenda de tarde do PAC dende hai máis dun ano súmanse dúas novas baixas se cubrir no cadro de persoal. Na actualidade, tan só hai 3 médicos dos 6 con que debería contar o centro.

O BNG da Pobra denuncia que o centro de saúde da localidade conta só con tres médicos en activo, a metade do que lle corresponde. Dúas novas baixas se veñen sumar a outra de longa duración que leva meses sen cubrir, deixando ó consultorio ó 50 da súa capacidade. A esta situación súmase a supresión da quenda de tarde do PAC dende hai máis dun ano obrigando ós pacientes a desprazarse ó servizo de urxencias de Ribeira que xa se atopa sobrecargado.

Ante estes novos recortes, os nacionalistas animan á cidadanía a sumarse á concentración convocada polo Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Será este venres a mediodía ás portas do centro de saúde da Pobra e servirá como antesala á gran cadea humana do sábado para a que se precisan 5 mil persoas que completen a distancia entre o centro de saúde de Ribeira e o hospital do Barbanza.