Cun dron ou cun fusil: o pioneiro método que empregan no Salnés para fulminar velutinas

O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés vai empregar drons con proxectís conxelados para erradicar niños de avespa velutina. Trátase dun sistema pioneiro, nunca antes empregado en ningún outro lugar. Este método tamén se pode empregar dende terra, empregando un fusil.

No Salnés as velutinas destrúense a disparos. A comarca é pioneira no uso de drons e fusís armados con proxectís conxelados. En función da altura á que estea o niño empregarase un ou outro método, co obxectivo de chegar ó maior número posible. Tanto empregando naves non tripuladas, como dende terra, mediante armas como esta, nun prazo de 24-48 horas o niño queda colapsado. Con 2 ou 3 proxectís poderíase fulminar o enxame dun niño do tamaña dun balón de fútbol. O ataque faise cuns vectores de PLA biodegradables.

Este novidoso sistema non foi empregado antes en ningún outro lugar. Esta mañá os alumnos do Plan Emprega da Mancomunidade do Salnés participaron nunha exhibición na contorna da Telleira, en Sanxenxo. Máis alá deste novidoso sistema, a actualidade o ente comarcal dispón xa dunha brigada de loita contra a velutina. Dende o pasado 10 de xullo foron erradicados na comarca 210 niños de velutina.