O concello de Ribeira inicia o pago das axudas para a reactivación económica fronte ó covid

RIBEIRA> O executivo ribeirense vén de dar luz verde ó pago das axudas para a reactivación económica do comercio e a hostalería local que resultaron afectados polo covid. En total beneficiará a uns 117 negocios do municipio.

Ribeira iniciou estes días o pago das axudas a aqueles negocios do municipio que resultaron máis afectados pola covid. O Concello foi un dos primeiros municipios en Galicia en abrir unha liña de axudas na primeira vaga da pandemia. En total serán 117 as empresas que recibirán de inmediato estas axudas, con contías que nalgún caso chegan ós 2.500 euros.

Estas axudas súmanse a unha nova convocatoria, o PEL Reactiva, da Deputación da Coruña, actualmente en fase de presentación de solicitudes, cun orzamento de preto dos 600 mil euros, destinados a persoas autónomas e microempresas.

O alcalde referiuse tamén á situación actual no Concello a raíz da chegada desta segunda vaga da pandemia.

Aínda así, e a pesar de que a situación é bastante tranquila no municipio, o alcalde apela á responsabilidade, e a necesidade de non baixar a garda.