LOUSAME> A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, asistiu en Lousame a un taller de rap, incluído no proxecto ‘Mocidade en movemento’. Na actividade participan ó redor de medio cento de rapaces do municipio.
No marco da programación incluída nos Campamentos de Verán do Concello, impartíase un obradoiro de rap a cargo da Asociación Vella Escola. Na iniciativa tomaron parte ó redor de medio cento de rapaces. Durante algo máis de hora e media, aprenderon a escribir e interpretar versos en lingua galega, facendo un achegamento á lírica, ós ritmos e ás temáticas do rapeo. O obradoiro contou ademais cunha visita de excepción, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel. estivo acompañada da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. Durante a visita destacou a iniciativa promovida polo Concello, segundo ela moi enriquecedora, sobre todo dende o punto de vista da creatividade e a innovación.