A elite do remo a nivel nacional arribará a Boiro esta fin de semana

BOIRO> En xogo estará a vixésimo novena Bandeira Concello de Boiro, a décimo oitava proba puntuable da Eusko Label Liga 2019.

Esta maña presentábase a vixésimo novena Bandeira Concello de Boiro. A regata, que corresponde coa décimo oitava proba puntuable da Eusko Label Liga 2019, terá lugar este vindeiro domingo, a partir das doce da mañá na enseada do porto de Cabo de Cruz. A organización desta Bandeira corre a cargo do equipo anfitrión, o Club de Remo Cabo de Cruz, que loita por acadar a permanencia na competición, na elite do remo a nivel nacional.

Dende o Concello destacaron a importancia desta proba, e o feito de que o municipio volva a acoller esta regata da Liga ACT de Traíñas.

Á presentación da Bandeira tamén asistiu unha delegación do Club de Remo de Orio, equipo que comanda a clasificación xeral da Liga Eusko Label, e que aproveitaron este desprazamento a Boiro para acompañar ós seus remeiros.