BOIRO> As presuntas irregularidades cometidas polo xefe da Policía Local de Boiro eran, ó parecer, ‘vox populi’. Hai máis de tres anos, en febreiro de 2016, ó voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, mesmo chegou a presentar no Concello unha moción ó respecto, que finalmente non foi levada a pleno por decisión do alcalde.
Segundo o propio Velo, o labor do responsable da Policía Local deixaba moito que desexar.
Para Manuel Velo trátase dun problema grave, que agora a xustiza deberá resolver.