POBRA> O importe das actuacións ascende a uns 50 mil euros, que serán financiados a partes iguais pola consellería de Sanidade e o Concello.
Segundo informaron fontes do propio Sergas as obras serán executadas antes do remate do presente ano, e contemplarán a renovación das fiestras, a modernización da zona do lavado de mans de consultas e a reforma da zona de duchas e os baños do primeiro andar e da planta baixa. Tamén se prevé o encintado da fachada exterior do edificio.
Dende a Xerencia tamén lle comunicaron ós traballadores do dito centro que o ambulatorio pasará a constituírse coma servizo propio de atención primaria, pasando a ser totalmente independente do centro de saúde de Ribeira.