A Xunta realiza un novo envío de material de protección a residencias e entidades sociais

BARBANZA> A Xunta de Galicia fixo hoxe un novo envío de material de protección contra o coronavirus con destino ás residencias e entidades sociais da comarca do Barbanza no que se inclúen máscaras, luvas e traxes antisalpicaduras. Súmase así ó envío realizado tamén estes días de xel hidroalcólico e desinfectante ós centros sociais da comarca. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais. As entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí