Sanxenxo lidera o turismo de Galicia con máis de 190 mil pernoitas no último trimestre

SANXENXO> Sanxenxo continúa sendo o destino favorito dos turistas en Galicia con máis de 190 mil pernoitas no último trimestre. Estas visitas vense reflexadas a nivel territorial onde máis de cincocentas cincuenta mil persoas se achegaron as Rías Baixas no primeiro semestre do ano, superando o millón de pernoitas. Con todo estes datos a comunicade alcanzou un récord de máis de 2 millóns de visitas na primeira metade do ano.

Sanxenxo continúa sendo a capital do turismo en Galicia. Segundo o alcalde da localidade, Telmo Martín, o Instituto Nacional de estatísticas volve a situar á vila do Salnés como o destino favorito dos visitantes na comunidade. Uns números de pernoitas que seguen aumentando cada ano.

Segundo o alcalde os visitantes elixen Sanxenxo por toda a oferta turística de calidade que tanto a vila como o Salnés ofrecen. Telmo Martín mandou unha mensaxe para os que se queixan do clima e asegurou que está é unha comarca que ten moito máis que sol e praia.

A aposta por unha oferta turística de calidade e a desestacionalización permiten que aumente o número de turistas no só en Sanxenxo senón tamén en toda Galicia. A comunidade acadou o seu récord con máis de 2 millóns de visitantes no primeiro semestre do ano. Datos que se reflexan nas Rías baixas con máis de cincocentas cincuenta mil visitas e  superando o millón de pernoitas.

O Conselleiro de turismo asegura que o sector está sendo un motor de emprego en Galicia, ascendendo o número de profesionais a máis de 124 mil e xerando preto de 120 millóns de euros para o sector hoteleiro.