BOIRO> Boiro volverá acoller este Nadal a factoría das Raíñas. O mercado instalarase na carpa da Boqueira de A Negral durante os días 3 e 4 de xaneiro.
Dezasete postos integran o mercado de Nadal de Boiro que este ano se instalará na praza da Boqueira de A Negral.
A factoría das Raíñas ofrecerá ós visitantes todo tipo de produtos, maioritariamente de carácter artesanal así como degustacións gastronóiicas e obradoiros para nenos e adultos.
Para participar nos obradoiros non é necesaria inscrición previa aínda que se limita a dez o número de prazas. Desenvolveranse en horario de once e media a unha e media pola maá e de seis a oito pola tarde.