O PP arrasa na totalidade de concellos de Barbanza, Muros e Noia

BARBANZA/NOIA/MUROS> Como acontecía no resto do Estado, o PP foi o claro vencedor nas comarcas do Barbanza, Muros e Noia.

O PP gañaba en tódolos concellos, mellorando significativamente os resultados obtidos hai catro anos.

En Barbanza  obtivo un total de 16.163 apoios. Destacan as subas experimentadas en Ribeira, municipio onde hai escasamente dous meses perdía a alcaldía, onde obtivo o 45% dos votos; ou Boiro con máis do 44%.

En Barbanza-Arousa o Partido Socialista logrou 9.756 votos; o BNG 4.467; Sumar 4.327 e VOX  2.406.

Na comarca de Noia, o PP sumou  un total de 11.599 votos.

En Outes e Lousame obtivo uns resultados extraordinarios con máis do 50% dos votos emitidos.

Destaca tamén o incremento de apoios en Noia, pasando dos 2.835 votos das Eleccións Xerais de 2019 ós 4.059 de onte.

En canto ó resto de forzas nesta comarca o PSOE situouse nos 5010 votos; o BNG 2.265; Sumar 1.823 e VOX 1.000.

En Muros o PP foi tamén de longo a forza máis votada con 1.972 votos.

O Partido Socialista obtivo 1.542; o BNG 719; Sumar 514 e VOX 182, que coma nas outras dúas comarcas segue perdendo apoios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí