As infraccións das medidas de protección poñen en perigo á illa do Areoso

A ILLA>  A Illa de Arousa abre expediente a máis dunha decena de embarcacións por infrinxir as medidas de protección do Areoso. O alcalde pide concienciación á xente para respectar o illote protexido. Concello, confraría e consellería están a traballar para elaborar un plan de usos do Areoso.

O Illote do Areoso é un dos tesouros da Ría de Arousa. A súa beleza é un reclamo que atrae cada ano a máis visitantes. Isto fai que o Areoso sufra as consecuencias e por elo o concello da Illa tomou medidas para protexelo. Aínda así, moitos visitantes seguen obviando as precaucións e saltándose as normas. Esta fin de semana o Concello abriu expediente a máis de 10 embarcacións.

O Concello, a confraría e o Seprona están en contacto continuo para controlar o illote. ademais ambas institucións están a traballa ca Consellería para elaborar un plan de usos do Areoso.

O paso do tempo, a erosión e as ondas minguan cada vez máis o illote pero a acción humana pode levar ao Areoso a súa desaparición. Por iso a importancia para o concello de regular as súas visitas.

Dende o concello tamén advirten que as sancións económicas por infrinxir as normas do illote poden ser moi elevadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí