Como preparar do mellor xeito un bo café? En Sanxenxo teñen a resposta

SANXENXO> Tipos de café hai moitos. Tantos como xeitos de preparalos. Os tempos van cambiando e tamén os hábitos de consumo. En moitos bares ou cafeterías cada vez é máis habitual atopar un gran abano de opcións á hora de gozar dunha cunca do café. Atendendo a esa tendencia, no Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés organizaron hoxe unha actividade formativa centrada no mundo do café.

A actividade busca transmitir ao alumnado os diferentes xeitos de preparar café e as distintas cafeteiras que poden empregar.

E explica que o mundo do café xa non é o que era. Agora, máis alá de bebelo nunha pausa de cinco minutos, o que prefire o consumidor é gozar dunha experiencia agradable dun xeito pausado.

Nesta actividade formativa, ademais do alumnado do Obradoiro de Hostalería, puido participar un reducido grupo de persoas externas, a través dunha convocatoria lanzada nas redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí