Vilagarcía programa 17 curos gratuítos de inclusión e capacitación dixital

VILAGARCÍA> Vilagarcía pon a disposición da súa veciñanza 17 cursos gratuítos destinados á inclusión e capacitación dixital. As ensinanzas varían entre clases básicas como de iniciación á informática e outras máis avanzadas como a creación a de páxinas web. O obxectivo do concello é rematar con fenda dixital.

Durante os meses de marzo a novembro, o concello de Vilagarcía volve poñer en marcha o programa inclusión e dixitalización dixital. Un proxecto, mediante o cal, impartiranse na vila de forma totalmente gratuíta 17 cursos diferentes sobre a utilización das novas tecnoloxías.

Os cursos divídense en 5 bloques. Catro deles son formación básica como iniciación á informática, ao correo electrónico, aos procesadores de texto ou a administración electrónica. O outro bloque é máis avanzado con cursos como deseño de páxinas web ou edición de fotografías.

Os cursos son todos gratuítos, o máis demandado é o de iniciación á informática. Para o concello esta formación é vital para rachar coa fenda dixital.

Os cursos teñen unha duración de entre 4 a 30 horas. A inscrición ás formacións está aberta a todas as persoas maiores de 18 anos de forma presencial no centro cemit de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí