Vilanova celebrou unha das festa do Mexillón e do Berberecho con máis afluencia de visitantes

VILANOVA> centos de persoas déronse cita en Vilanova para gozar da Festa do Mexillón e do Berberecho. Este ano entregouse o mexillón de ouro a aquelas persoas que tiveron unha labor importante na promoción das rutas do Pai Sarmiento e da variante espiritual. A actuación de panorama levou á vila a máis de mil persoas.

O que ben empeza, ben acaba. Se o día da inauguración da Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova a carpa de degustación estaba chea, o resto dos eventos non serían menos. Centos de persoas achegáronse á vila para gozar das festas.

Tanto os comerciantes da feira como os traballadores da carpa de degustación recoñeceron que foi unha das edicións con máis afluencia de visitantes.

Espectáculos, concertos ou a procesión marítima son algúns do eventos que levan aos visitantes a achegarse a Vilanova de Arousa.

Nesta edición as festas conmemoraron co mexillón de ouro a aquelas persoas que fixeron unha labor importante na promoción das rutas do Pai Sarmiento e da Variante Espiritual. David Castro, o alcalde de Ribadumia; Gonzalo Pita, representante de turismo da Mancomunidade do Salnés e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago foron os galardoados.