9 comercios de Vilanova desfilarán contra o cancro

VILANOVA> 9 negocios de Vilanova únense para desfilar contra o cancro. As organizadoras, con esta iniciativa, queren promocionar o comercio local e contribuír á loita contra esta enfermidade. O pase terá lugar o 1 de decembro e nel participarán máis de 200 modelos.

O concello de Vilanova gozará o domingo 1 de decembro do seu primeiro desfile solidario. A iniciativa xorde dun grupo de empresarias da vila que decidiron crear un pase de modelos para promocionar o comercio local. Como a súa intención é dar a coñecer o pequeno negocio e non lucrase, a recadación será destinada á Asociación Española Contra o Cancro.

O desfile está organizado por 9 negocios da vila dos cales 8 participarán mostrando os seus artigos. Ademais conta coa colaboración doutras 96 empresas que colaborarán con aportacións económicas ou produtos para sortear.

Todas as partes implicadas no proxecto agardan que esta sexa a primeira de moitas edicións do desfile.

O desfile terá lugar no pavillón multiúsos de Vilanova a partir das 16:30 horas. Pola pasarela pasarán preto de 200 modelos. A entrada é gratuíta e as rifas para colaborar terán un custo dun euro cada unha.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí