Veciños de Vilagarcía denuncian o exceso de velocidade dos vehículos na rotonda do porto

VILAGARCÍA> Denuncia veciñal en Vilagarcía polo exceso de velocidade dos vehículos na intersección da avenida de Cambados coa Rúa Pablo Picasso. A veciñanza teme que poida haber atropelos nos pasos de peóns máis próximos. As infraccións increméntanse nas fins de semana.

O pasado 6 de xaneiro un vehículo saíase da estrada na rotonda que une a avenida de Cambados coa rúa Pablo Picasso en Vilagarcía. Un accidente que non é un caso illado. Os veciños denuncia o exceso de velocidade ao que circulan os vehículos, e o risco que iso supón para os peóns.

As infraccións son máis frecuentes nas fins de semana.

Algúns veciños tamén quixeron denunciar o exceso de velocidade na rúa Camilo José Cela, no barrio das Pistas.

A veciñanza pide medidas para evitar máis accidentes, tanto á policía como a propia cidadanía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí