Rosa Cedrón e Vituco Neira subirán aos cons da Illa de Arousa da man de artistas locais

A ILLA> Xa está aquí unha nova  edición do ‘Cultura nos Cons’ da Illa de Arousa. O programa mestura talento local con artistas destacados, este ano, do talle de Rosa Cedrón ou Vituco Neira. Vai comezar o vindeiro martes cunha ruada por algúns dos cons máis fermosos do municipio.

A beleza da Illa de Arousa casa ben coa cultura. O programa ‘Cultura nos cons’ lanza a súa cuarta edición, escollendo algúns dos puntos máis singulares da costa insular. Este ano as actividades repartiranse entre o con do Navío, o do Forno e O Portiño.

Ese reforzo ó talento local chega este ano da man de artistas galegos de renome. Nesta edición, Vituco Neira, de Ruxe Ruxe, actuará coa banda Quilma e Rosa Cedrón cantará coa Coral Polifónica Municipal.

Antes das actuacións musicais, o ‘Cultura nos cons’ vai arrancar o vindeiro martes cunha ruada polos cons, na compaña do propio Carlos Blanco, de Quico Cadabal e do grupo de música Dorna. Este tipo de propostas, para o alcalde da localidade, son un gran reclamo en pleno mes de agosto. Unha iniciativa consolidada que cómpre seguir impulsando.

Tódalas propostas serán de balde.