CALDAS> As máquinas xa traballan na futura Vía Verde do Salnés. As obras son froito do convenio entre os concellos de Caldas, Vilagarcía e Portas e a Deputación de Pontevedra. Pendente está aínda por formalizar a achega da Xunta de Galicia, que xa no 2017 comprometeu o seu respaldo a este proxecto. Será a primeira vía verde íntegra en territorio galego, cun percorrido de 9,2 quilómetros.
A Vía Verde do Salnés será unha realidade nos vindeiros meses. A maquinaria xa traballa para dar formar ao trazado de 9,2 quilómetros que será a primeira Vía Verde que transcorra de xeito íntegro en territorio galego, unindo os concellos de Caldas, Vilagarcía e Portas.
As obras que xa están en marcha son froito do convenio entre os tres concellos e a Deputación de Pontevedra. Pendente de concretar está aínda o papel que terá a Xunta de Galicia, que comprometeu o seu apoio no ano 2017 pero que non formalizou.
Se a Xunta non formaliza o seu apoio á Vía Verde, non se poderá completar todo o percorrido previsto. O proxecto xa está feito pola Deputación de Pontevedra; só é preciso que o goberno autonómico achegue os 200 mil euros comprometidos. Polo de momento, os alcades foron citados o vindeiro luns a un novo encontro.
O convenio asinado entre a Deputación e os concellos de Caldas, Vilagarcía e Portas ascende a máis de medio millón de euros.