O GROVE> A pataca galega foi hoxe a protagonista no Grove. O alumnado do obradoiro de hostalería da Lanzada participou nunha xornada formativa sobre as propiedades e usos deste complemento imprescindible da nosa gastronomía. Unha actividade que serviu ademais para reivindica-la calidade e versatilidade do noso produto fronte o traído de fóra.
É un clásico na nosa gastronomía símbolo tamén da nosa agricultura. Falamos da pataca galega, un produto amparado pola súa indicación xeográfica protexida, do que hoxe se falou moito no Grove. Esta mañá, no obradoiro de hostalería da Lanzada organizaron unha xornada para enxalzar este produto.
Nesta xornada salientouse a versatilidade da pataca, idónea como acompañamento de calquera dos nosos pratos, fritida ou cocida.
En Galicia nestes momentos cultívanse tres variedades de pataca. Nas Rías Baixas é pouco habitual ver explotacións centradas neste cultivo, aínda que se o sector ten potencial, sobre todo, grazas ao clima.
En Galicia hai catro zonas destacadas no cultivo da pataca: Bergantiños, A Limia, Terra Cha e a zona de Lemos. En total, máis de medio cento de produtores cunha produción anual que supera as 4.000 toneladas e rolda case os 3 millóns de euros de valor económico.