CAMBADOS> Cambados xa comezou as obras de renovación das beirarrúas da Riveira de Fefiñáns, unha das zonas máis transitadas da vila. A intervención, cun orzamento de máis de 200 mil euros, permitirá que o paseo manteña a estética das rúas principais con lousa de granito. O prazo de execución é de tres meses, permitindo o seu remate antes do verán.
O concello de Cambados comezou as obras dunha das zonas máis transitadas da vila, a Riveira de Fefiñáns. Esta rúa, próxima ao paseo da calzada e ao parque das palmeiras, verá renovada as súas beirarrúas no carón oposto ao mar. Acutarase nunha zona de máis de 400 metros, dende a fin do paseo da calzada ata uns metros despois da rotonda de Tragove. O investimento será 240 mil euros.
As beirarrúas modificaranse por lousa de granito, mantendo a estética das rúas principais da vila e sen afectar ás prazas de aparcadoiro.
Aproveitando a intervención o concello tamén modificará as luminarias.
Outra das accións que levará a cabo o concello é da retirar os contedores subterráneos, xa que na zona habilitaranse os novos contedores. A obra ten un prazo de execución de tres meses co que estará rematada antes do verán.