O CRA de Rianxo desprende imaxinación na súa volta ao cole

RIANXO> Para a volta ó cole, moitos teñen que tirar de imaxinación, así o fixeron no CRA Rianxo. Eles tiveron a idea de facer un vídeo co que promover o seu colexio. A fin, animar a pais e nais a inscribir nel os seus fillos.

Neste colexio rianxeiro a imaxinación non a desenvolven só os máis cativos. Trátase do Centro Rural Agrupado Rianxo que, para promover as inscricións, fixo un vídeo promocional do seu centro no que participaron alumnos e profesorado.

Con este vídeo non só incrementaron o número de alumno, tamén recuperaron unha das aulas que perderan fai dous anos pola falta de nenos. Adaptándose os novos tempos, a volta ó cole faise máis fácil.

Desprazámonos ata a Escola de Pazo, un dos oito colexios que conforman o CRA Rianxo, o que esta mañá volveron case 130 cativos. Sen dúbida, hoxe foi un día de acollida.

Son escolas pequenas, pero os cativos reciben unha formación de primeira. Teñen club de ciencia, sesións de contacontos e mesmo aprenden artes plásticas e educación física en inglés. O CRA Rianxo ten todo o que lle fai falla a un cativo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí