Catro días de festexos na Pobra na honra do Nazareno

A POBRA> O venres chegan á Pobra as tradicionais festas do Nazareno. Serán catro días de festexos nos que haberá actividades para tódolos públicos e un novidoso plan de emerxencias para garantir a seguridade de veciños e turistas.

Festa de Interese Turístico de Galicia, como cada ano volven á Pobra as celebracións na honra do Nazareno. Comezarán o vindeiro 13 de setembro e arrancarán cun pregón festivo, pero tamén social e reividicativo.

Cun programa do máis variado, na Pobra vivirán catro días de tradición, música e actividades para os máis pequenos.

E debido a gran afluencia de xente que se espera na vila pobrense, dende o executivo desenvolveron o plan de emerxencias mais importante ata a fecha.

Con todo baixo control, o Concello convida a tódolos veciños a participar nos festexos.

As festas rematarán o luns 16, ca actuación da orquestra Panorama e a tradicional tirada de Fogo de Artificio no paseo da praia do Areal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí