Rianxo despide esta noite á Guadalupe á luz das bengalas

RIANXO> As festas da Guadalupe de Rianxo chegan hoxe ao seu remate. Atrás queda unha semana intensa de festexos que a vila vive con moita intensidade. A partir das dúas da madrugada, na praza de Castelao, milleiros de persoas entonarán ó unísono a letra da Rianxeira á luz das bengalas, nunha das despedidas máis emotivas que se poidan vivir.

Rianxo despide hoxe a Guadalupe despois de oito días de troula. E farao cun dos momentos máis emotivos dos festexos, a cantata da Rianxeira. Será ás dúas da mañá, cando millleiros de persoas abarrotarán a praza Castelao para entoar ó unísono e á luz das bengalas a emblemática peza musical. Será o punto e final a unha das celebracións con maior tradición na comarca. Dende o concello de Rianxo xa dispuxeron un dispositivo especial de seguridade para facilitar as entradas e saídas da vila, así como un gran número e prazas de aparcamento. Aconsellan ós conductores, especialmente a aqueles que abandonen o concello tras a cantata da Rianxeira, que utilicen os estacionamentos situados nas zonas máis alonxadas do centro. Habilitaronse estacionamentos gratuitos no porto, en Punta Fincheira, na estrada de Tanxil, no xogo dos Bolos, na zona alta e baixa de Rianxiño e na urbanización da Martela.  Dende a Policia Local, tamén se pide ós veciños de Rianxo e Taragoña que non usen os vehículos para achegarse ao centro urbano, con fin de non colapsar as rúas máis céntricas. Tras o cántico de despedida os rianxeiros apurarán as últimas horas da festas: as orquestas Charleston, Alkar e Metrópolis serán as encargadas de que ninguén marche para a casa ata ben entrada a mañá do sábado.