O Puebla F.C. celebra o seu 50 aniversario cun partido entre o Depor e o Compos

A POBRA> O Puebla Fútbol Club celebra este ano o seu 50 aniversario. E farao por todo o alto cun amistoso Depor-Compos que se disputará o xoves 10 de agosto no estadio pobrense da Alta.

O Puebla Fútbol Club atópase inmerso nos preparativos do seu 50 aniversario. Para celebrar este medio século de vida traerán ata a vila a xogadores do Real Club Deportivo e a Sociedade Deportiva Compostela que disputarán o trofeo conmemorativo o 10 de agosto no estadio da Alta.

Nos próximos días sairán á venda as entradas, a 12 euros para adultos e 8 para nenos menores de 10 anos. Habilitarase un horario de venda  no Liceo Pueblense e instalaranse tamén puntos móbiles en varias zonas do municipio.

A pesar da alta demanda, dende o Club lembran que o estadio ten unha capacidade limitada polo que non poderán superar as mil prazas de aforo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí