Aberto o prazo de presentación de candidaturas ás Bolsas a Deportistas Juan Lampón

POBRA> O IES da Pobra do Caramiñal acollía esta mañá o acto de presentación da 18 edición das bolsas a deportistas Juán Lampón.

A iniciativa, promovida polo centro educativo pobrense, conta co respaldo económico de Dolores Outeiral e José Lampón, que en memoria do seu fillo Juan, falecido en xullo de 1995 nun accidente durante unha regata, decidiron crear estas axudas, que premian a labor de mozos da comarca que compaxinan os seus estudos coa paixón polo deporte.

Aínda que inicialmente estaba destinada unicamente a estudantes da Pobra, hai un anos decidiu abrirse tamén a convocatoria a tódolos institutos do Barbanza.

En total son seis bolsas, dotadas con 250 euros cada unha, en material escolar, deportivo ou cultural.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 31 de marzo, ó correo electrónico do propio instituto, incluíndo o curriculo deportivo con xutificación de méritos.

A publicación da lista provisional de candidaturas realizarase o 14 de abril e a definitiva o 24.

A entrega das bolsas os gañadores terá lugar nu acto previsto para o 5 de maio.

No acto de presentación desta mañá tomaron parte o director e a vicedirectora do instituto pobrense, Alejandro Bobillo e Belén Besada, respectivamente, así como tamén o profesor de Educación Física José Luís Nogueira.

Tamén asistiu a presidenta de honra destas bolsas, Dolores Outeiral, e como convidadas especiais contouse coa presenza da deportistas Esther Martínez e Analía Tuñas, da disciplina Aikido, que aproveitaron o acto para contar a súa experiencia no deporte.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí