SALNÉS> A mancomunidade do Salnés encabeza un proxecto europeo que dará lugar a concellos intelixentes. Mediante este plan desenvolveranse sistemas tecnolóxicos que se implantarán nas empresas e nos municipios. Ten un período de execución de dous anos e un custo dun millón de euros.
A mancomunidade do Salnés expande as súas fronteiras e lidera o proxecto europeo Interreg. As diferentes administracións que colaboran buscan con este plan desenvolver sistemas tecnolóxicos vinculados ao Big Date e as Smart City. O ente comarcal encabeza un proxecto no que tamén participan a Deputación e o concello de Ourense, a dirección xeral da administración local, a cámara de ValenÇa en Portugal e a facultade de enxeñería informática de Ourense da Universidade de Vigo.
O proxecto aportará ás empresas un sistema que lles permitirá implantar nos concellos os programas que desenvolvan.
Os nove concellos da comarca beneficiaranse de este plan que, segundo o xerente da Mancomunidade, encaixa perfectamente nos proxectos do Grove e Sanxenxo de vilas turísticas intelixentes. Este sistema aportará numerosos datos interesantes para os concellos.
A mancomunidade está agora mesmo estudando ás empresas tecnolóxicas da comarca e as necesidades dos concellos. Unha vez rematado o estudo porase en marcha o laboratorio do Salnés.