Quince coidadores fórmanse en Boiro en materia de prevención

BOIRO> A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou a última hora da tarde de onte, en Boiro, na clausura dun obradoiro en materia de prevención de riscos laborais. A acción formativa estaba dirixida a coidadores de persoas con dependencia, e nela viñeron participando un total de 15 alumnos.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o alcalde de Boiro, Xosé ramén Romero, foron os encargados de clausurar este obradoiro en materia de prevención de riscos laborais. Foron en total 16 horas formación, na que os asistentes recibiron recomendacións preventivas, que non só repercutirán no seu traballo senón tamén no benestar da persoa que recibe a atención.N a súa intervención a secretaria xeral destacou o compromiso da Xunta coa saúde e o benestar no traballo.

Un aspecto este no que tamén incidiu o propio alcalde.

Esta acción formativa desenvolvida en Boiro forma parte dunha campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, o Issga, de cara a promover coñecemento para un traballo seguro tanto na atención directa de persoas con dependencia como para os traballadores de axuda a domicilio que inclúe accións de sensibilización, reparto de material informativo e accións de formación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí