Rianxo en Común reclama axudas municipais contra os ataques do xabarín

RIANXO> A formación volverá a levar a pleno esta proposta destinada a persoas propietarias de terreos cultivados, para incorporar dispositivos e medidas de prevención contra os ataques deste animal.

Rianxo en Común recupera unha moción que foi rexeitada o pasado ano, na que volve a incidir na creación dunha liña de axudas para a prevención dos ataques do xabarín ós cultivos. Dende a formación apuntan a que a chegada da pandemia puxo de manifesto a necesidade de potenciar o consumo de produtos de proximidade.

Esta situación, sumada á necesidade de seguir loitando contra o abandono de terras nas aldeas, lévaos a pedir de novo a habilitación de axudas para que aqueles veciños que o desexen poidan seguir traballándoas, ben para o autoconsumo ou ben para a comercialización dos produtos cultivados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí