O Torneo Congalsa de Fútbol Base recada preto de 10.000 euros para a Fundación Aladina

RIBEIRA> O torneo internacional de fútbol base Congalsa-Concello de Ribeira conseguiu recadar preto de 10 mil euros. Tódolos fondos irán destinados á Fundación Aladina para o programa de fomento do deporte entre os nenos con cancro.

A solidariedade de empresas, patrocinadores, veciños, colaboradores e, sobre todo, do seu organizador, Julio Mariño, fixo do torneo internacional de fútbol base Congalsa – Concello de Ribeira todo un éxito. A competición, celebrada en na Fieteira, conseguiu recadar 9.770 euros que se destinarán integramente á Fundación Aladina.

Dende Congalsa recolleron o guante e ofrecéronse a seguir a colaborar con este evento que reúne os valores da empresa con sede na Pobra encarnados na solidariedade e no deporte.

Na competición, celebrada entre o 20 e o 21, participaron 53 equipos procedentes de España e Portugal, o que supuxo unha gran afluencia de visitantes cun gran retorno económico non só para Ribeira senón para toda a comarca do Barbanza.