Veciños do Chazo pídenlle ó Concello a demolición da antiga conserveira de Boiromar

BOIRO> Veciños do lugar do Chazo, na parroquia boirense de Abanqueiro, veñen de solicitarlle ó alcalde, José Ramon Romero, a demolición inmediata da antiga conserveira de Boiromar. Os veciños fan alusión ó estado total de abandono e de ruína no que se atopan as instalacións, así como tamén á situación de perigo e insalubridade das mesmas, debido á existencia de animais mortos no seu interior que provocan cheiros insoportables na zona. Critican a pasividade do Concello, que a pesar de ter coñecemento da denuncia non fixo aínda nada por remedialo. Lémbranlle ademais ó alcalde que existen informes técnico-xurídicos municipais recollidos no expediente de secretaria que declaran en ruínas estas naves abandonadas, polo que ante o mínimo perigo o Concello debería de actuar de oficio, xa que no caso de que ocorra algunha desgraza, a responsabilidade recaería sobre el.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí