BARBANZA> O persoal de enfermería que traballa nos centros de saúde da Barbanza vén de mostrar o seu malestar coa Xerencia de Atención Primaria de Santiago pola denegación dos permisos e a negativa desta a cubrir as súas vacacións durante o verán. Din non entender esta medida, polo que lle piden á Xerencia un cambio de postura.
As portas do centro de saúde da Pobra o persoal de enfermería mostraba o seu malestar coa Xerencia de Atención Primaria de Santiago-Barbanza pola decisión de negarlle os permisos e non cubrir as súas vacacións a pesar de remitirlle a planificación con tempo suficiente. Non é un problema que se dea exclusivamente no dispensario pobrense, afecta á totalidade de centros de atención primaria do Barbanza, dende Rianxo a Porto do Son.
A CIG fíxose eco tamén da súa queixa. Dende o sindicato non entenden o trato dispensado con estes traballadores, que viron, como nos últimos anos se lle foi incrementando o seu volume de traballo, de xeito máis notable no último ano coa chegada da pandemia.
Ademais como medida de presión para tratar de conseguir un cambio de postura e que a xerencia se abra a negociar con eles un acordo, están a levar a cabo tamén unha recollida de sinaturas.