RIBEIRA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza iniciou unha campaña para a mellora do servizo de cirurxía no hospital comarcal. Demandan a incorporación de tres novos facultativos para garantir unha asistencia de calidade ós pacientes.
En tan só dúas horas, a mesa instalada ás portas do hospital do Barbanza levaba xa recollidas máis de duascentas sinaturas para demandar a incorporación de máis profesionais ó servizo de cirurxía.
Este recollida é unha medida máis para conseguir a mellora da calidade asistencial en tódolos servizos do centro hospitalario.
Non descartan dende a plataforma novas medidas de presión como, por exemplo, o inicio de mobilizacións para conseguir a incorporación de máis medios humanos a un servizo fundamental.