Malestar na Pobra pola decisión do comité clínico de manter ó municipio no nivel máximo de restricións

POBRA> O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, pide unha rectificación e que se sitúe ó Concello nos niveis que lle corresponderían atendendo á incidencia acumulada.

Tamén piden que se revisen as medidas de prevención que se establecen nos diferentes niveis de restrición, sobre todo as referidas ó peche do sector da hostalería.

A corporación aprobou de xeito unánime unha declaración institucional asinada por tódolos grupos con representación municipal na que mostran a súa queixa por esta situación. De non producirse unha rectificación non descartan tomar outro tipo de medidas de presión, como é o caso de mobilizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí