O responsable de Promoción Económica da Deputación visita o parque de bombeiros de Boiro

BOIRO> O deputado provincial responsable da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña, Blas García, iniciaba esta maña en Boiro unha rolda de visitas ós parques de bombeiros comarcais da provincia. A visita serviu tamén para recoller as principais necesidades do parque.

Acompañado do alcalde, José Ramón Romero e do xerente do Consorcio Contraincendios, Luis Barca, o deputado responsable da área de Promoción Económica do organismo provincial, Blas García, visitou esta mañá o parque comarcal de bombeiros de Boiro, un dos dez que xestiona na provincia da Coruña o Consorcio Provincial Contraincendios, integrado ao 50% pola Deputación e a Xunta de Galicia. Durante a visita tivo tempo de manter un pequeno encontro con parte da plantilla dos bombeiros para recoller as súas demandas, e tamén coñecer as instalacións, equipamentos e funcionamiento do parque,  que dende hai quince anos presta servizo, xunto co subparque de Ribeira, ós concellos do Barbanza e Noia.

Posteriormente reuniuse no Concello co alcalde para analizar con el posibles colaboracións a través da área de Promoción Económica da institución provincial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí