SANXENXO> O alcalde Sanxenxo dá exemplo e súmase á campaña contra a gripe. Telmo Martín acudiu hoxe ao centro médico de Baltar para vacinarse e pediu a poboación que se animen a dar a vacina.
A xunta de Galicia puxo en marcha hai unas semanas a nova campaña contra a gripe. Dende a consellería de Sanidade piden a toda a poboación que se vacine para poder evitar os graves riscos da enfermidade. O alcalde de Sanxenxo quixo sumarse a esta campaña e vacinouse no centro médico de Baltar. Telmo Martín animou a poboación a unirse á batalla contra a gripe.
Ao propio centro médico acudiu o xerente do CHOP. José Ramón Gómez advertiu da importancia de dar esta vacina e, especialmente, entre os sectores máis vulnerables da poboación.
O obxectivo do CHOP é superar o 50% de persoas vacinadas na provincia. José Ramón Gómez asegurou que polo de agora os datos están sendo mellores que nos anos anteriores.