CAMBADOS> O concello de Cambados prepárase para a Festa do Albariño tamén dende o punto de vista da seguridade. Este venres celebrouse a xunta local de seguridade, na que participou o subdelegado do goberno na provincia e os distintos corpos, para perfilar o dispositivo previsto para unhas datas nas que se agardan na vila unhas 200.000 persoas. No encontro tamén se repasaron outros datos relativos á seguridade na vila. Abel Losada, o subdelegado, apunta que Cambados é un municipio ‘extremadamente seguro’, destacando que o índice de criminalidade baixou nestes primeiros meses do ano.
A seguridade é peza fundamental nun evento masivo como a Festa do Albariño. Todo un desafío nunhas datas nas que agardan o desembarco na vila dunhas 200.000 persoas. Para garantir o seu correcto funcionamento, este venres o Albariño centrou boa parte da xunta local de seguridade celebrada no concello.
O alcalde salienta tamén a boa sintonía entre todos os actores implicados para que garantir un Albariño seguro. Tamén o subdelegado do goberno en Pontevedra destaca esa ‘plena colaboración’.
Na xuntanza aproveitouse para facer un repaso polos datos relativos á seguridade en Cambados. Losada fala dun concello ‘extremadamente seguro’, como acreditan os datos dos cinco primeiros meses do ano en comparación co mesmo período de 2025.
Ademais destes datos, apuntan tamén a un incremento da resolución de casos. Nese sentido, apuntan tamén dende a Garda Civil, a coordinación coa Policía Local é clave.











