MEIS> Os concellos cancelaron toda a súa actividade inmediata e comezan a anular tamén outras citas multitudinarias previstas a curto prazo.
É o caso do concello de Meis, que xa decidiu cancelar a Semana Santa de Paradela e suspender a Romaría das Cabezas da Armenteira e a Romaría de San Gregorio de Paradela.
A semana pasada o goberno local xa cancelaba a presentación dos actos da Semana Santa, pero finalmente o decreto do estado de alarma fíxoo tomar esta decisión que deixa ao concello sen unha das súas citas máis multitudinarias e internacionais.