Boas vendas no mercado das flores de Vilagarcía a pesar das choivas e do incremento dos prezos

VILAGARCIA> As florerías de Vilagarcía triunfan no mercado das flores cunha gran porcentaxe de vendas. Os postos sinalan que que deron saída a case todos os produtos a pesar do pequeno aumento dos prezos. As flores máis reclamadas foron as rosas e os crisantemos amarelos.

O mercado das flores de Vilagarcía atopábase esta mañá con moitos estantes baleiros. Despois de catro días aberta, a carpa recibiu a moitos visitantes que querían mercar a súa flores para o día de defuntos. As florerías indican que as vendas foron moi boas.

As flores máis reclamadas foron as rosas e os crisantemos amarelos.

As vendas foron moi boas a pesar da choiva e do incremento dos prezos.

Con motivo do día de defuntos, o mercado das flores é unha gran oportunidade para que as florerías aumenten as súas vendas nunhas datas claves.

O mercado estará aberto tamén no propio día de defuntos. Así que os queiran ou aínda teñan pendente mercar a súas flores, están a tempo de facelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí