A Deputación leva a Meis o espectáculo “Regueifa 2.0” para concienciar aos máis pequenos

MEIS> O proxecto “Mulleres en acción. Violencia cero” chegou esta mañá ao concello de Meis. O alumnado de 1º a 4º da ESO do CPI Mosteiro gozou dos espectáculo de “Regueifa 2.0”. Unha peza de improvisación en verso cunha mensaxe sobre igualdade e o rexeitamento da violencia machista.

O programa “Mulleres en acción. Violencia cero” está chegando ao final da súa cuarta edición. O proxecto da Deputación de Pontevedra recorre os concellos da provincia para enviar un mensaxe en contra da violencia machista a través das artistas galegas. Hoxe chegou ao concello de Meis onde o alumnado de 1º e 4º da Eso do CPI Mosteiro gozaron do espectáculo de “Regueifa 2.0”.

“Regueifa 2.0” é unha peza de improvisación en verso cunha mensaxe sobre a igualdade e o rexeitamento da violencia machista.

O programa “Mulleres en Acción. Violencia cero” volverá aos concellos da contorna o día 29 en Cuntis. Pechará a cuarta edición o 11 de Abril en Nigrán e a partir do día 25 comezará a quinta tempada.