{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/comision_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/comision_lanzada.mp4{/flowplayer}
O GROVE> O Grove xa constituíu formalmente a ferramenta para defender os seus intereses na Lanzada. Esta mañá celebrouse o primeiro encontro da comisión encargada do caso, a responsable de trazar a estratexia que seguirá o goberno municipal na posible revisión dos lindes con Sanxenxo. Segundo o alcalde farano dende a tranquilidade xa que, asegurou, a pelota está no tellado do concello veciño.
A comisión especial que velará polos intereses de O Grove na Lanzada mantivo esta mañá a súa primeira reunión. Na orde do día, un único punto: informar a todos os membros dos datos que posúen e marcar a estratexia a seguir, á espera de que Sanxenxo dea o seguinte paso.
Ademais dos tres partidos do goberno, na comisión está representada a oposición a través do socialista Juan Otero. Técnicos, asesores do concello e un membro de cada comunidade de montes meca, a de San Vicente e a de San Martiño, compoñen este órgano.
Despois de constituírse hoxe formalmente, xa miran cara a Xunta.
O máis probable é que a Xunta agarde a despois das eleccións para convocar ás dúas comisións para o acta de apeo e a revisión dos lindes entre ambas localidades.