O Campionato do Mundo de Vela da Clase 10 metros, outro motivo para achegarse a Sanxenxo

MADRID> Sanxenxo presenta en Fitur o campionato do mundo de vela da clase 10 metros. A proba terá lugar do 10 ao 19 de xuño e agárdase a participación de máis de 40 barcos. Concello e Real Club Náutico destacan a posibilidade de gozar do campionato e das visitas de Sanxenxo nun entorno seguro ao aire libre.

Como é habitual nos últimos anos, o Real Club Náutico de Sanxenxo e o concello organizan diferentes campionatos de vela que acadan éxitos e recoñecementos pola súa organización. Este éxito, permitirá que a vila acolla, do 10 ao 19 de xuño, o vindeiro campionato do mundo da clase 10 metros. Un torneo de gran calibre que tivo a súa presentación en fitur.

Dende a organización agardan a participación de máis de 40 barcos de diferentes países de todo o mundo.

Os organizadores tamén destacan a posibilidade que ofrece este campionato para gozar dos mellores regatistas do mundo nun entorno único e seguro como Sanxenxo.

Dende o concello resaltan a importancia deste campionato para aumentar a oferta turística de Sanxenxo e atraer máis visitantes.

O acto de presentación contou coa intervención do vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda. O conselleiro destacou a importancia de organizar un torneo deste calibre no ano Xacobeo para atraer a máis visitantes a Sanxenxo e a Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí