Máis de 200 nenos gozaron co deporte no XII Torneo Panos Brancos Contra as Drogas

VILAGARCIA> A décimo segunda edición do programa Panos Brancos contra a droga volveu a ser un éxito. O proxecto educativo chegou este ano a máis de 1200 alumnos de cinco centros educativos de Vilagarcía. Os estudantes aprenderon a importancia de ter unha vida saudable e evitar o consumo de drogas.

A décimo segunda edición do programa Panos Brancos Contra a Droga chegou ao seu final. O proxecto busca concienciar aos adolescentes na importancia de ter unha vida saudable e evitar o consumo de drogas. Despois dun mes realizando diferentes actividades de concienciación o programa puxo o seu final coa disputa dun torneo. Segundo a organización, a Federación Galega contra o Narcotráfico, esta edición volveu a ser un éxito.

O programa chegou a 1200 estudantes de cinco centro educativos de Vilagarcía. O torneo final dividiuse en catro modalidades deportivas: Fútbol, baloncesto, atletismo e, a novidade deste ano, a vela. Os estudantes gozaron coas diferentes actividades.

O obxectivo da organización é que os mozos aposten pola saúde e non polas drogas.

Unha mensaxe que calou entre a mocidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí