A reforma da rúa Progreso de Sanxenxo podería rematarse antes da fin do ano

SANXENXO> Avanza a bo ritmo a reforma da rúa Progreso de Sanxenxo. Así o confirmou o alcalde da vila. Telmo Martín asegurou que o tramo no que se está a traballar na actualidade é o máis complicado, xa que por el transcorre a tubaxe principal de abastecemento de Padriñán. O rexedor confía en que as obras poidan rematarse antes da fin do ano.

Tralo parón do verán, o Concello de Sanxenxo retomou as obras da rúa Progreso. A reforma avanza a bo ritmo e  está preto de chegar ao se final. Na actualidade atópase nun dos tramos máis complicados do proxecto debido a que polo treito comprendido entre as rúas Castelao e Sanxenxo transcorre a tubaxe principal de abastecemento de Padriñán. Isto dificulta os traballos e provocará o peche da estrada durante algunhas semanas.

A reforma completarase cunha praza, aparcadoiros e dúas rotonda.

O concello sopesou a posibilidade de construír outra rotonda na rúa Cesteiro pero non foi posible debido ao tamaño da rúa.

Para o alcalde de Sanxenxo o cambio de tráfico foi un éxito e agarda que con estas dúas rotondas se facilite a mobilidade. Telmo Martín tamén confía en que as obras poidan rematarse antes da fin do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí