Inauguración do concesionario Seat en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Nova aposta empresarial en Vilagarcía de Arousa. A empresa Pérez Rumbao inaugurou un concesionario Seat e presentou o seu novo modelo o Tarraco.

O sector do automóbil conta cun novo representante en Vilagarcía. A empresa Pérez Rumbao inaugurou o seu novo concesionario da marca Seat. A localización estratéxica da vila para atender a demanda do Salnés e do Barbanza foi o que levou á empresa a crear a súa nova sé na capital arousá.

A novo concesionario conta cunha nave de máis de 1000 metros cadrados para realizar diferentes traballos.

A compañía segue creando posto de traballo na pronvincia.

A empresa tamén presentou o seu novo modelo de coche, o Tarraco. Esta é a terceira sede da compañía  en Pontevedra e a quinta en todo Galicia.